Tuesday 17 de September de 2024

Mellor valorados no concurso de decoración de establecementos “Artemar 2024” 


Hoxe pola mañá, na oficina de Turismo do Malecón, procedeuse á apertura da urna e ao reconto dos votos para dar a coñecer os establecementos mellor valorados do concurso de decoración de Artemar así coma o sorteo para os votantes dun “lote de conserva artesanal Frinsa”.

O segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta presidiu o acto que xunto ás técnicas de turismo, procederon ao reconto dun total de máis de cen boletos participantes nos que os mellor valorados foron; Efectos Navales Santa Uxía, Audífonos Audicost e O Bazar de Oujo que recibirán cadanseu “lote de conserva artesanal Frinsa”.

Tamén se procedeu ao sorteo das persoas votantes na que o agraciado foi Iker Fernández Vidal. A entrega de premios está prevista para o vindeiro xoves 22 ás doce do mediodía nos locais mellor valorados.